mércores, 20 de maio de 2020

"OCA ORTOGRÁFICA"

Bo día nen@s!

Hoxe tráiovos un xogo fantástico para todos aquel@s que teñades dificultades na ortografía, "A Oca Ortográfica". Considero que é un bo recurso mediante o cal poderedes traballar e repasar a ortografía dun xeito lúdico e diferente. Para acceder ao PDF e descargalo só tedes que premer na imaxe. Neste documento atoparedes as instruccións do xogo, aínda que a maioría de vos seguro que xa o coñece ou xogou en máis dunha ocasión, este é algo diferente. Desexo que vos guste e  o pasedes moi ben xogando e aprendendo!

https://drive.google.com/file/d/1KRIPfpXZwXZV_VsuDpN1gEDeDeo9MCia/view?usp=sharing





luns, 18 de maio de 2020

"DADO DOS PRONOMES PERSOAIS"

Ola nen@s!
Hoxe propóñovos un recurso manipulativo para traballar os pronomes persoais, chámase “DADO DOS PRONOMES PERSOAIS”. A actividade é moi sinxela, consiste en que formedes oracións cos diferentes pronomes que vos vaian saíndo ao tirar o dado. Déixovos tres tipos de dados para que os imprimades e preparedes como vós queirades, un dos dados cos pronomes persoais con imaxes, outro con palabras e un terceiro en branco por se queredes engadir verbos, por exemplo. Para descargalos só tedes que premer en cada unha das imaxes. 
Tamén vos deixo un enlace a unha páxina na que poderedes practicalos de xeito interactivo.


"DADO DOS PRONOMES CON PALABRAS"

"DADO DOS PRONOMES CON IMAXES"