mércores, 13 de maio de 2020

MÁIS CÁLCULO MENTAL: "A CAIXA DE FLOCOS DE MILLO"


Bo día familias!

Hoxe tráiovos un recurso que atopei no blogue de Ángela Marchán para practicar o cálculo mental, chámase “A caixa de flocos de millo”. O material consiste nunha caixa (como a que podedes ver na foto) na que no seu interior hai “flocos de millo” con operacións. O ideal é xogar entre dúas persoas, por parellas, de modo que un escolle un floco e dille ao outro a operación que, mentalmente, ten que realizar. É unha actividade moi sinxela de facer, só tedes que imprimir o letreiro da caixa, os flocos de millo nas que tedes que escribir as operacións e plastificalo (se queredes utilizalo en máis ocasións). Este material pódese adaptar a calquera idade, só depende da dificultade coa que poñades as operacións. Espero que practiquedes moito e que o pasedes moi ben!👌.
"FLOCOS DE MILLO"
Preme nas imaxes para descargar:🔻
"LETREIRO CAIXA"

luns, 11 de maio de 2020

"TABOLEIRO DAS MATES"


Bo día amig@s!! 
Hoxe atopei un recurso en Pinterest que nos pode ser moi útil para a aprendizaxe das matemáticas, por exemplo: para repasar as táboas de multiplicar, facer sumas, restas, debuxar figuras xeométricas ou o que nos faga falta!. Trátase dunha plantilla cuadriculada que podedes converter en taboleiro e utilizala as veces que queirades. Só debedes descargala (premendo na imaxe), imprimila e plastificala. Xa estará lista para usar! Considero que é moi sinxela e visual! Desexo que vos guste!😊.

https://drive.google.com/file/d/1riwsamYf2c70D08wG_x0azBg4kCu4Weg/view?usp=sharing