xoves, 23 de abril de 2020

"ALGÚNS CONSELLOS E PROPOSTAS DE LIBROS PARA LER"


Antes dos 4 anos debemos escoller aqueles contos onde a imaxe é a protagonista. Deste xeito, dáselle renda solta á imaxinación dos cativ@s. A mente dos nen@s é incrible!. Déixovos dúas propostas de contos para estas idades (debedes premer nas imaxes para atopar un breve resumo):

https://drive.google.com/file/d/1MllvqBuDsTjTvpyMiLwmOm-sDjsEeAMt/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1NkDnUI9yAvcNsgPkRx4vHBwkXiX7Mc71/view?usp=sharing
                

Entre os 4 e os 7 anos debemos observar ao neno e ver a súa capacidade para a lectura, xa que hai nenos que teñen moita facilidade e outros non tanta. Aínda que é importante ter en conta que cada un ten o seu ritmo. Dúas propostas:
https://drive.google.com/file/d/1qFM0M44Eof0D5ZmYFUXRLlNx_GXy_6iA/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/13GIXJzVxLI9leSmvbJ2pFVWupDd5kWHG/view?usp=sharing

Entre 10 e 12 anos en diante
Nesta etapa adoitan predominar os libros de aventuras e historias fantásticas nas que se poidan meter cada vez máis na vida do protagonista. Os nen@s xa comezan a ter os gustos moi definidos, polo que a súa elección pode ser moi variada: novelas, bibliografías... , facilítovos algún deles:

https://drive.google.com/file/d/1URReVH5u6_y4fqnY4IP-m4TVBrdGBFmW/view?usp=sharing 
 


https://drive.google.com/file/d/148MPGd3EA32I8j7F10-2rvDMtSRzOSHc/view?usp=sharing

luns, 20 de abril de 2020

DÍA 23: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO



Bo día familias, como xa puidestes apreciar no meu blog, este mes de abril é o mes dos libros e polo tanto da lectura. Tamén sabedes que o vindeiro día 23 se celebra o DÍA DO LIBRO. Para aquel@s que non saiban o por que deste día deíxolles un vídeo explicativo. 

 


Para celebrar esta conmemoración suxírovos a elaboración de algo representativo deste día como por exemplo, aprender a facer marcapáxinas, tan útiles cando estamos a ler e quedamos a medias. Xa que realizar este tipo de tarefas axúdanos a mellorar a atención, concentración, psicomotricidade fina, entre outras cousas. 
Para facelos propóñovos algunhas ideas, dende imprimibles ata con materiais de refugallo. Non teñen porque ser estes, seguro que a vosa imaxinación fai que saian cousas incluso máis bonitas. (pinchade nas imaxes e veredes os vídeos e explicacións).


https://www.youtube.com/watch?v=QKm2ycXBiBU
https://www.youtube.com/watch?v=1Eownks23vw&feature=emb_logo


COMO FACER  UN MARCAPÁXINAS DE MONSTRO?→










E UN CON MATERIAIS DE ← REFUGALLO?