xoves, 4 de xuño de 2020

"DOMINÓ DAS SUMAS E DAS RESTAS"


Ola nen@s!
Hoxe tráiovos un recurso educativo para practicar as operacións básicas da suma e da resta, chámase “DOMINÓ DAS SUMAS E RESTAS”. Este xogo comeza colocando unha ficha no centro e, a partir desta, teredes que ir colocando as fichas facendo que coincidan a suma ou a resta co resultado que marca.Para descargar o PDF só tedes que premer na imaxe.
Recordade! Gaña o que mellor saiba sumar e restar!
Unha aperta enorme!!!
https://drive.google.com/file/d/1XSU0QjAtjOFj3nNagdKShVGFks5CFx-H/view?usp=sharing

martes, 2 de xuño de 2020

"COMECOCOS DAS MULTIPLICACIÓNS"


BO DÍA!
Hoxe tráiovos outro recurso para aprender as táboas dunha forma moi divertida e á vez sinxela. O xogo chámase o "comecocos das multiplicacións". Para descargar o PDF só tedes que premer na imaxe onde atoparedes as instrucións, paso a paso, de cómo debedes montar os " comecocos".
Desexo que vos guste e que vos sexa de utilidade!!
Unha aperta!!!😉

https://drive.google.com/file/d/177YdsyEV8A1jLWz9NLkFhtu8zUtTx1aj/view?usp=sharing

xoves, 28 de maio de 2020

"REPASAMOS"


Bo día! 
 Hoxe déixovos un recurso que atopei co que podedes repasar a conciencia fonolóxica, léxica e a silábica. Ademais podedes practicar a construción de frases, repasar ortografía e adquirir novo vocabulario. Na imaxe podedes ver un magnífico exemplo e, premendo nela, atoparedes as instruccións de como facelo. Espero no meu enderezo electrónico os vosos traballos.
Unha aperta grande!
https://drive.google.com/file/d/1pMgsNXRoe5cLWxHSRdKjKFzLWr4POaM_/view?usp=sharing

luns, 25 de maio de 2020

"MÉTODO DE PÓLYA PARA A RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS"


 
"Cando desde a situación na que nos atopamos queremos chegar a outra, que coñecemos con mais ou menos claridade, pero descoñecemos o camiño" (Miguel De Guzmán)
Sabedes que quere dicir? seguro que si, é evidente que temos un problema ao que temos que darlle solución.
Por iso vos facilito este método chamado MODELO DOS 4 PASOS DE PÓLYA para que vos axude na resolución de problemas, neste caso, matemáticos.  Tamén vos podedes preguntar, quen é Pólya? Pois foi un gran matemático que ao longo da súa vida xerou unha longa lista  de traballos adicados ao ensino desta disciplina, sobre todo na área de resolución de problemas. Premendo no esquema podedes descargar este método. Pódevos ser  de gran axuda!

https://drive.google.com/file/d/1qiyG9VNcwseUNGP5nam23_Mm01cwh9eS/view?usp=sharing