venres, 8 de maio de 2020

"CONECTORES E EXPRESIÓN ESCRITA"


Bo día amig@s!
Para estes días nos que estamos a traballar a expresión escrita, estes conectores seguro que vos resultan de gran utilidade. Para aqueles que non saiban que son nin para que serven, coméntovos: os marcadores ou conectores do discurso son palabras que marcan unha relación lóxica de significado entre as ideas ou oracións dun texto, ocupando un papel crave na organización e coherencia do mesmo. Utilízanse máis na linguaxe escrita que na oral e serven para: explicar, exemplificar, xustificar, contrastar, modificar, distribuír...; estes poden ser adverbios, preposicións, conxuncións…
Déixovos un resumo deles en formato PDF para que lle votedes un ollo 👀por se vos interesa descargalos e imprimilos. Se queredes tamén os podedes plastificar para que vos queden para vindeiras ocasións. Considero que vos poden axudar moito na elaboración das vosas composicións (para obtelos premede na imaxe).


https://drive.google.com/file/d/13UqP8hhpKYnvwqvLSpED0Rl8kKuvfHlF/view?usp=sharing

mércores, 6 de maio de 2020

AS VOSAS PRODUCIÓNS DA TAREFA "A CAIXA MÁXICA"


Boa tarde amig@s! 
Fai un intre recibín unha produción dun dos vosos compañeiros de 4º de Ed. Primaria. A tarefa chamábase “A Caixa Máxica" e consistía en realizar unha historia con algunhas palabras de revistas, xornais...acordádesvos?. Gustaríame compartila convosco porque considero que quedou moi ben. 
Animádevos a facelas e ireinas publicando no blogue! sei que van saír cousas moi bonitas  e orixinais porque tedes moita imaxinación e creatividade!



Grazas Daniel Lorenzo😃!





Outra produción feita por Martín, tamén de 4º de Ed. Primaria. Está xenial! vaia artistas que temos 👌.

Grazas Martín Seoane😃!


MÁIS ESCRITURA CREATIVA: "CUBOS PARA INVENTAR CONTOS"


Bo día!
Hoxe tráiovos unha fantástica ferramenta que atopei navegando pola rede no blogue "Lapicero Mágico" de Isabel Bermejo. Trátase duns cubos ou dados a través dos cales podedes inventar historias tanto de xeito oral como escrito. Desta vez farémolo de maneira escrita aínda que na casa tamén o fagades oralmente.

Existen varias ideas para traballar con estes dados, cóntovos unha delas:
  • Tírase un dado de cada unha das categorías (personaxes, lugares e obxectos).
  •  Cada un de vós constrúe a súa propia historia cos dados que lle tocaron.
A continuación déixovos un vídeo explicativo no que a autora deste recurso vos conta como se montan os dados antes de ser utilizados. Facilítovos o material para decargarlos premendo aquí.



Para rematar déixovos unha plantilla dos dados ou cubos. Estas están en branco para que, quen queira, os poida personalizar debuxando os seus propios personaxes, escenarios, obxectos, ou outras cousas. Anivádevos e enviádeme as vosas fantásticas historias ao meu enderezo electrónico: ceciprieto29@gmail.com, encantaríame lelas!! Estou segura de que vos van a saír unhas historias chulísimas!
Ánimo amig@ s!