venres, 20 de marzo de 2020

"IOGA PARA NENOS E NENAS"



Ola familias!
É verdade que a tod@s nos gustaría estar sans e sentirnos ben con nós mesmos. Por iso cando nos paramos a pensar, unha das primeiras cousas que se nos ocorren é o exercicio físico.  Nesta entrada centrareime nos beneficios de practicar IOGA, disciplina a través da cal se fortalecen os músculos e podemos adquirir moita flexibilidade. Ademais de que a nivel mental axudanos a relaxarnos, acougarnos e concentrarnos.  Déixovos algún vídeo interesante para practicalo cos máis pequen@s da casa. 
  OMM MOO: "ABRE TUS ALAS"

  OMM MOO: "SALUDA A LA LUNA"

 






xoves, 19 de marzo de 2020

"TRABALLAMOS A ATENCIÓN"



Bo día familias!
Deixo unha entrada para todos aqueles nenos e nenas que queiran traballar unha das capacidades fundamentais para o desenvolvemento do procesamento cognitivo, a ATENCIÓN. É moi importante adquirir esta habilidade para poder acadar as demais aprendizaxes con normalidade. Para iso, facilítovos unha serie de tarefas e recursos materiais que podedes descargar, só tedes que picar no enlace que desexedes.





"MISIÓN: QUEDAR NA CASA"


 
Ola a tod@s!



Quedar na casa non está a ser unha tarefa fácil para ninguén, pero sen dúbida vós, os máis pequen@s, sodes os auténticos campións nesta misión. Déixovos un enlace que vos levará a un libro  escrito  e ilustrado por "Dalmaus". É un conto coloreable para os máis cativ@s no que explica a importancia de non saír do fogar durante estes días. Podédelo descargar en formato PDF premendo aquí. Tamén engado o vídeo.