xoves, 2 de abril de 2020

"TRABALLAMOS A INTELIXENCIA ESPACIAL"



BO DÍA FAMILIAS!

Sabedes que é un cubo de Rubik? Seguro que si, máis de un/unha terá un na casa. Cóntovos, este xoguete é un magnífico recurso, entre outros, para traballar e mellorar a INTELIXENCIA ESPACIAL. E preguntarédesvos, que é esa intelixencia? defínese como “o conxunto de habilidades mentais relacionados directamente coa navegación e a rotación de obxectos na nosa mente”, é dicir, a capacidade de cada un de nós para visualizar obxectos na nosa mente, así como a habilidade de imaxinar un corpo en diferentes posicións. Algúns exemplos de tarefas onde entra en xogo esta intelixencia: organizar as caixas, libros e paquetes nun rocho ou construír unha maqueta. Outras actividades menos frecuentes nas que a intelixencia espacial está fortemente involucrada son, por exemplo, aquelas nas que se debe esculpir unha forma nun material ou facer un plano dunha estrutura.
Como dixen con anterioridade esta capacidade pódese exercitar e polo tanto, mellorar. Existen xogos como o que nomeei antes, o cubo de Rubik (para quen queira practicar existen infinidade de titoriais en Youtube) e tamén outros como o tangram (que moit@s de vós xa traballastes con el😉) ou o xeoplano que podedes utilizar. Para rematar co post, déixovos algúns enlaces que vos conducen por unha banda, a páxinas nas que atoparedes algunha tarefa online e pola outra, facilítovos para os máis grandiños diversas fichas.

luns, 30 de marzo de 2020

"EMOCIÓNS E EXPRESIÓN ORAL"



 Ola a tod@s!
A quen non lle gustan os vídeos curtos, debuxos animados ou aqueles que nos fan imaxinar, crear inferencias e téñennos enganchados ata o último segundo? Gustaríame compartir convosco algúns vídeos non verbais ideais para traballar EXPRESIÓN ORAL. Cóntovos como habería que traballar con eles, é moi sinxelo:
  • Primeiro inicio o vídeo e vou parando nos puntos que considero máis importantes para que os nen@s fagan unha predición de que pode acontecer.
  • Despois dunha rolda de predicións continuamos o vídeo e vemos que pasou e se algún deles predixera xusto o que estaba a pasar no vídeo. Continuamos así durante todo o vídeo ata o final. Falamos constantemente de como senten, expresións faciais, emocións que nos veñen á cabeza vendo o vídeo, vocabulario… 
  • Déixovos dous exemplos de entre tantos que hai pola rede, para que practiquedes.
     
    "FUGU"
    "ORMIE THE PIG"