mércores, 29 de abril de 2020

"RECURSOS PARA APRENDER AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR"


Ola a tod@s!
Que vos parece se hoxe llo adicamos as táboas de multiplicar? pois mirade, existen varios métodos e recursos para aprendelas. Aínda así, a maioría das veces mándanvolas aprender de maneira monótona e repetitiva, baseando a aprendizaxe na repetición e memorización dos resultados. Con todo, aínda que non che pareza posible, hai moitas maneiras de facer que as aprendades dun xeito lúdico e sen dores de cabeza.
Déixovos algúns xogos dos moitos que podedes atopar pola rede, podédelos descargar premendo na foto correspondente.
https://drive.google.com/file/d/1-WA-Rnl9QVW-ul3-QeLzS2mmgPUYyNQO/view?usp=sharingDOMINÓ DE MULTIPLICACIÓNS, excelente recurso educativo para mellorar notablemente o manexo das táboas mentres os nen@s se divirten.


https://drive.google.com/file/d/18G5iCQKqN45TpKapPgn9_wBXv3UAOP9i/view?usp=sharingA OCA DAS TÁBOAS DE MULTIPLICAR, este xogo pode utilizarse tanto para aprendelas como para repasalas. 


https://drive.google.com/file/d/1ufFtBqPzUjjYYWPhMVgZAgfAUDsYGmzz/view?usp=sharingRODAS OU DIANAS DAS MULTIPLICACIÓNS, sinxelas de facer e moi prácticas para aprender e/ou repasar as táboas de multiplicar. Preséntanse as 12 dianas das multiplicacións independentes que os nen@s encherán, recortarán e armarán. 

Desexo que vos sexan de utilidade!
Unha aperta😉





luns, 27 de abril de 2020

"MÁIS TAREFAS DE CÁLCULO MENTAL"


Ola a tod@s!
Hoxe compártovos unha divertida forma de practicar o cálculo mental a través de sinxelas operacións. Por unha banda practicaremos a suma, a través dos cadros matemáticos. O obxectivo do exercicio é encher os recadros baleiros co número correcto, de tal forma que a sumas tanto das filas como das columnas dean o mesmo resultado. Para facilitar o exercicio, enriba do cadro, atoparás aqueles números que debes colocar. Só tedes que premer nas imaxes para acceder a elas.

https://drive.google.com/file/d/1rrEf7zvxlWxxiH7dpbnKCrS6Zlk2TA70/view?usp=sharing
SUMAS

Pola outra, propóñovos unha serie de operacións en cadea con multiplicacións e divisións.
https://drive.google.com/file/d/1isZIRhGZVz8fWz4arttnoKn8dECRw5d6/view?usp=sharing
MULTIPLICACIÓN Y DIVISIÓN
Desexo que o pasedes ben practicando!