venres, 27 de marzo de 2020

“AS EMOCIÓNS”


Bo día familias!

Tod@s somos conscientes de que no mundo existen moitas  e moi diferentes culturas, pero todas teñen algo en común, AS PERSOAS E AS SÚAS EMOCIÓNS.
Hoxe en día ser emocionalmente competente é vital para tod@s e para a vida en sociedade. A miúdo os nosos cativ@s e mesmo nós, os adultos, amosamos certa dificultade para identificar as emocións, non sabemos como recoñecelas e cústanos bastante xestionalas. Por este motivo nalgunhas ocasións, resúltanos moi difícil poñernos no lugar do outr@, falar ou compartir opinións.
A continuación facilítovos algúns recursos para que poidades traballar as emocións na casa estes días nos que, a maioría de nós, as temos " a flor de pel".
  • Para aqueles que teñan tempo e ganas deixo unha proposta dirixida a todos os niveis educativos, crear un DICCIONARIO DE EMOCIÓNS PROPIO.  
  • Para os nen@s de primaria engado un vídeo  que vai prantexando unha serie de cuestións que o nen@ debe responder antes de premer no botón e que conteste o boneco.
  • Para os máis peques facilítovos un vídeo dun conto que a maioría de vós seguro que xa coñecedes,"o monstro de cores" no que explica moi ben cales son as emocións.
 
  • Para rematar co post deíxovos un enlace que vos conduce a unha páxina con xogos online.